Saltar ao contido

Mandril e donicela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mandril e donicela
FormatoAnimación, comedia
Creado porDavid Feiss
Desenvolvido porDavid Feiss[1]
Vincent Davis[2][3]
Davis Doi (supervisor das tempadas 2–3)[3]
Hanna-Barbera
David Feiss Productions
Dirixido porDavid Feiss[4]
Robin Steele (12 episodios)[4]
Robert Alvarez (1 episodio)[4]
IntérpretesMichael Dorn
Charlie Adler
Tema de apertura"I Am Weasel", interpretado por April March[1][5]
Tema de peche"I Am Weasel" (instrumental)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas5
Episodios79 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Brian A. Miller[1]
Larry Huber (tempada 1)[1]
Sherry Gunther (tempadas 1–2)[1]
Para Cartoon Network (tempadas 3–4)[1]: Linda Simensky (tempadas 3–4)[1] e Khaki Jones (tempadas 3–4)[1]
Duración7 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeCartoon Network
Formato de imaxeNTSC (480i)
Primeiro episodio22 de xullo de 1997[6]
Derradeiro episodio2000
Na rede
IMDB: tt0218769 Allocine: 8259 TV.com: shows/i-am-weasel Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mandril e donicela (en inglés: I Am Weasel) é unha serie de televisión estadounidense creada por David Feiss para Cartoon Network, no estudio de Hanna-Barbera, sendo o cuarto dos Cartoon Cartoons. A serie céntrase na personaxe de I. M. Weasel, un intelixente, adorada e exitosa donicela, e I. R. Baboon, un parvo e perdedor mandril que sente envexa do éxito de donicela e constantemente tenta amolalo, mais sen conseguilo.

Orixinalmente formou parte da serie Vaca e polo entre 1997 e 1999, sendo estreado normalmnete como o terceiro segmento dun episodio (agás nunha ocasión na que foi emitido entre os dous segmentos de Vaca e polo).[7] Eventualmente, Mandril e donicela converteuse nunha serie de seu, que se emitiu entre o 10 de xuño de 1999 e comezos de 2000. Conta cun total de 79 episodios producidos, incluíndo aqueles creados como parte de Vaca e polo.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 I Am Weasel ending credits.
  2. The New York Times. "I Am Weasel - Cast, Credits & Awards". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 Hollywood.com. "Vincent Davis". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Episodes title cards of I Am Weasel.
  5. Feiss, David (2000). "Songs from both shows - I Am Weasel". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2006. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  6. Feiss, David (12 de xaneiro de 2000). "Episode Guide: Cow and Chicken and I Am Weasel". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2006. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  7. "The Ugliest Weenie - Part 2". Cow and Chicken. Tempada 1. Episodio 5. 1997. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]